AGA é a asociación profesional de artesáns con meirande presencia en Galicia, e conta cun dilatado historial de accións innovadoras en materia de promoción e desenvolvemento da artesanía, entendida coma unha profesión actual.

A Asociación Galega de Artesáns constituese en 1983 por iniciativa dun pequeño grupo de artesáns tradicionais e contemporáneos, acollida á Lei 19/77, do 1 de abril, reguladora do Dereito de Asociación Sindical, polo que se trata dunha asociación con carácter profesional.

Na actualidade agrupa arredor de 300 artesáns de diversos oficios en toda Galicia, integrados en obradoiros dunha ou dúas persoas, ainda que nalgúns traballan entre tres e 10 persoas.

Os seus obxectivos son a defensa e promoción das actividades artesanais en todas as súas vertentes, pero moi en especial nos aspectos de carácter profesional millorando as condicións do exercicio dos oficios artesanais e colaborando no seu progreso.

Todo elo tradúcese en accións concretas: organizamos feiras e outras accións comerciais; proporcionamos información a potenciais clientes; promovemos seminarios, cursos e encontros de carácter profesional; propoñemos accións de promoción e desenvolvemento as distintas Administración Públicas con competencias no sector; velamos polos intereses sectoriais en todolos ámbitos; informamos e asesoramos os nosos socios sobre trámites, axudas, accións, etc.

Nesta web podes consultar os servicios que presta AGA, as condicións de afiliación, así como información sobre á asociación enfocada os medios de comunicación.
ASOCIACIÓN GALEGA DE ARTESÁNS Camiño da Igrexa 38  ·  15009 A Coruña (España) 

T 981 293 688  ·  F 981 282 796  ·  asociacion@galegadeartesans.org