A oficina da Asociación Galega de Artesáns encontrase na Coruña, no barrio de Monelos, Camiño da Igrexa 38 baixo (refirese á Igrexa de Oza que está na mesma rúa).

cómo chegar

Entrando na cidade pola Avda. de Alfonso Molina (AP9 ou NVI), na saída que indica “Monelos-Porto”, desviándose á dereita antes de entrar no túnel.

Dende o centro da Coruña, pódese acceder á zona de Monelos por diversos itinerarios. A referencia é o Barrio das Flores ou o edificio das delegacións provinciais da Xunta de Galicia (usos múltiples). Autobuses liña 1 ou 4.

A zona está próxima á estación de ferrocarril e á estación de autobuses (chegase camiñando en arredor de 10 minutos).

horario

O horario de atención ó público na nosa oficina é de 9 a 14 h de luns a venres, ainda que no verán e en datas que coinciden con actividades importantes da asociación, o horario pode modificarse.

Si desexas tratar un asunto concreto con algunha persoa da nosa oficina, concerta unha cita.
ASOCIACIÓN GALEGA DE ARTESÁNS Camiño da Igrexa 38  ·  15009 A Coruña (España) 

T 981 293 688  ·  F 981 282 796  ·  asociacion@galegadeartesans.org